Tu jardín con enanitos é a miña canción favorita de Melendi; a ver se vos gusta:
What does the fox say? É unha canción do grupo Ylvis que está formado por Bård Ylvisåker, Vegard Ylvisåker, Christian Løchstøer, Tor Erik Hermansen, Mikkel S. Eriksen e Nicholas Boundy. A ver se vos gusta é moi pegadiza!


O pasado xoves 30 de xaneiro foi o día da paz. Para celebralo, o venres 31 fomos á Área Panorámica con latas decoradas e cantando polo camino a canción "Latas pola paz". Alí nos ensinaron unha exposición de murais feitos por todos nós e logo unha obra de teatro. A exposición non foi moi grande pero era preciosa. Algunhas tiñan mensaxes, outras estaban feitas con algodón...
Como xa sabedes, este ano estamos traballando co cómic. Para comprobar que todos, ou case todos os nenos coñecen personaxes do mundo do cómic, os profesores organizaron un concurso arredor disto. Este concurso comezou uns días antes do Nadal e consiste en adiviñar unhas siluetas de personaxes como Tintín, Lucky Luke, Mortadelo e Filemón...

