1 de abril de 2014

Oscar "O Invidente"


A semana pasada viu Óscar, que é unha persoa invidente. Na súa visita ao colexio contounos como vive un cego. Estivo acompañado dun can que lle axuda para case todo. Está moi ben adestrado para saber onde dirixir ao seu dono. É un can precioso pero, mentres estaba traballando, non se lle podía facer nada.  Tamén nos explicou a linguaxe Braile, que é a linguaxe dos cegos, sobre como escribe, como come, como chama por teléfono e como sabe a hora. Fíxoo moi ben e é unha persoa moi agradable e simpática.

0 comentarios:

Publicar un comentario

 
Design by Free WordPress Themes | Bloggerized by Lasantha - Premium Blogger Themes | Premium Wordpress Themes