25 de febreiro de 2013

Homenaxe a Rosalía de Castro


O CEIP Nº2 de Tui homenaxeou á escritora galega Rosalía de Castro (nada o 24 de Febreiro 1837) no ano onde se cumpre  o 150 aniversario da publicación da obra Cantares Gallegos. 
O mestre de música Mateo, xunto a varios alumnos do colexio, interpretaron unha peza musical onde tocaron o bombo, pandeiretas, tambores e gaita.


14 de febreiro de 2013

Entroido no CEIP Nº 2

O venres 8-02-13 celebrouse o entroido no CEIP Nº2. Ás 10:45 todos os cursos saimos por Tui para ensinar os disfraces,cada curso levaba un disfraz representando ás diferentes comunidades autónomas:
E.Infantil- A
1º-Galicia
2º-País Vasco 
3º-Valencia
4º-Illas Canarias 
5º-Navarra 
6º-Madrid 
Tamén fixemos "cuchipanda" con doces típicos do Entroido.
¡Pasámolo xenial!


10 de febreiro de 2013

O Tren que Me Leva pola Beira do Río

O pasado xoves 24 de xaneiro todos os nenos/as do CEIP Nº2 de Tui recibiron  aos profesores de Madrid, Toledo e Huelva facendo unha coreografía polos corredores ao son do Tren de Andrés do Barro.
Despois os profesores foron ás clases de sexto para coñecer ao alumnado.

4 de febreiro de 2013

Quen son ?









Todos pasan por min,eu nunca paso por 

ninguén.

Todos preguntan por min,eu nunca 

pregunto por ninguén...


Obra na Área Panorámica


O martes 30 de xaneiro os nenos e nenas do CEIP N2 de Tui foron á área panorámica a ver a obra de teatro dos Migallas na que cantan cancións moi divertidas.
Despois da actuación os alumnos recibiron os premios do concurso de debuxo anual.
Este ano trataba  sobre os animais e os seus coidados.



3 de febreiro de 2013

Coñecendo a...Pili


Esta semana pasada entrevistamos á nosa profe de inglés Pili. Esperamos que vos guste o que ela nos conta sobre a súa vida.

 
Design by Free WordPress Themes | Bloggerized by Lasantha - Premium Blogger Themes | Premium Wordpress Themes