20 de decembro de 2013

Acertixo: O seguinte !!!!!

Felices Festas !!!!


19 de decembro de 2013

Acertixo: Cuestión de Peso

Coñecendo a...Kyle

Este ano temos novo auxiliar de conversa. Chámase Kyle Swartz e vén de Columbus, Ohio, nos Estados Unidos. Para saber unpouco máis del preparamos unhas preguntas en inglés pois díxonos que só entendía unhas poucas palabras en galego. Estabamos moi curiosos por coñecer máis cousas sobre a súa vida e, se queredes investigar, aquí tedes o resultado:
Lembrade, non ten subtítulos!



 

CANTOS CADRADOS VES NO DEBUXO?

            

17 de decembro de 2013

Facendo Deporte con...Javier Ripplinger

Hola, son Javier Ripplinger de 6º e encántame o piragüismo! É o meu deporte favorito, sobre todo polas regatas! Ás veces no verán vamos a unha praia na fronteira de Portugal e pasámolo xenial. Facemos carreiras, loitas entre os distintos barcos... Tamén vamos a regatas de diferentes lugares de Galicia e, os maiores, ata van a Francia! O malo vén no inverno porque fai frío, pero aínda así, se te animas a facelo, pasaralo moi ben. E non vos preocupedes se chove porque iredes ao ximnasio ou faredes xogos dentro.
Ao final se sobra tempo xogamos ao fútbol ou balonmán no campo do bar que hai xusto ao lado.
Animádevos a vir porque é moi divertido!

O cómic no Nº 2

Este ano o colexio Nº2 de Tui escolleu como tema do ano o cómic. Aquí temos unha pequena mostra dos máis pequenos (1ºA) É bo familiarizarse xa desde pequenos neste xénero. Parabéns polo esforzo que require.








Coñecendo a...Javi

Hoxe tivemos a sorte de entrevistar ao titor de 1ºA :Javi. Estivémolo sometendo a unha serie de preguntas das que se soubo defender moi ben... Escoitádeo!!!!!




10 de decembro de 2013

John Newman

Ola, eu son Javier Ripplinger e gustaríame falarvos de John Newman. Naceu o 16 de xunio de 1990 e é un cantante e músico británico. Newman criouse en Seattle na zona de Yorkshire Dales. Empezou a tocar a guitarra e escribir as suas propias cancións á idade de 14 anos e despois aprendeu a gravar e producir por sí mesmo. Aos 20 anos  mudouse a Londres, comenzou a tocar nunha banda e  posicionouse nos primeiros postos das listas de Europa e Oceanía, chegando a ser número 1 en Escocia e Grecia. Unha das súas cancións  son "Love me again", "Feel the Love" e "Not Givin in". Na actualidade ten 23 anos.
Gústame este cantante polo tipo de música que toca, que é pop e os seus vídeos.


Aquí tedes dúas das súas cancións:







3 de decembro de 2013

Xa chega o Nadal





                       " Por Noiteboa e no Nadal as brasas da casa máis quentes están"

 
Design by Free WordPress Themes | Bloggerized by Lasantha - Premium Blogger Themes | Premium Wordpress Themes