27 de febreiro de 2014

Acertixo:Miauuuuuuu.

  


           
                 Que animal sube ao teito di miau e non é o gato?

24 de febreiro de 2014

Acertixo: Mobles e Animais.








Cal é o animal que é moble e tamén animal??                      




La la la ft. Sam Smith




La la la ft Sam Smith é unha canción de Naughty Boys, e a nos gústanos moito, e aquí vos deixamos a canción, para ver se vos gusta ou non!!!!     ;)

   

Doraemon chegou do futuro



As nenas Lía e Laura de 6º B fixeron un proxecto de coñecemento do medio que consistía na electricidade.
Primeiro, elaboraron cun globo, papel de periódico , cola e auga una bola de papel oca. Despois pintárona e fixéronlle 2 buracos para poñer o nariz que brilla e o "gorrocóptero" que xira. Por último engadiron un "dorayaqui" de papel de periódico; pintárono e así se fixo este proxecto de Doraemon tan bonito.                   

23 de febreiro de 2014

Acertixo: Peixes.


   

 Cal é o peixe máis falador??

20 de febreiro de 2014

Bambi !

Ola son Celina e un día  fixen este debuxo                que aparece nunha camiseta que teño.
 Se vos os animades tamén debuxaredes moi       ben!!! 

         








14 de febreiro de 2014

Acertixo:``Amoroso´´




Para celebrar hoxe o San Valentín,aquí temos unha proposta perfecta: Saberías dicirme 5 anagramas da palabra AMOR?

13 de febreiro de 2014

Coñecendo a... Patricia

  
Tiñamos moitas ganas de saber un pouco dela así que, coa Revista Dixital do cole temos unha boa excusa para facelo. Aquí tedes uns pequenos detalles da vida da nosa profe de música: Patricia.
Moitas grazas polo teu tempo.
    

Acertixo: Día perdido





Busca o día da semana oculto neste acertixo, basado  nun anagrama que o garda nun bo  "agochadoiro".

11 de febreiro de 2014

Acertixo: Salvaxe.


 1 tigre é unha fera, 2 tigres son dúas feras, e 3 tigres...   


Que son tres tigres??         

¿Que quiero ser de mayor?


Quiero ser veterinaria.
Quiero ser peluquera.
Quiero ser fotógrafa.
Quiero ser presidenta.

Todas estas cosas quiero ser,
pero creo que nunca me decidiré.

Tengo 4 hermanos
Samuel es futbolero.
Nerea es masajista.
Juan es abogado.
Ana es policía.

                                                                                    Mi madre
                                                                                    Mi padre
                                                                                    Mi abuela
                                                                                    Mi abuelo


Counting Stars





Counting Stars é unha canción de One Republic que é un grupo que canta pop e rock. Os membros do grupo son:Ryan Tedder,Zach Filkins, Brent Kutzle,Drew Brown e Eddie Fisher e os antiguos Jerrod Bettis e Tim Myers. A orixe do grupo é en Colorado Springs (Estados Unidos).
A ver se vos gustan!!!


 

Poema : Halloween

Samain , Samain , Halloween,
festa pagana de orixe celta ,
celébrase na actualidade.
O mesmo tempo coa da cristianidade.

Unha vela nunha cabaza,
así o fan os "americáns".
Un ramo de flores nunha lápida,
así o fan os cristiáns.

Unha, contraria da outra,
as dúas festa dos mortos.
Nunha disfrazámonos de bruxa
noutra rezámoslle aos nosos mortos.

Eu penso que Halloween
non se debería celebrar,

se en verdade eres cristián,
pois ao cementerio debes ir rezar.

Só unha cousa máis,
somos hipócritas ao celebrar.
Halloween e tódolos santos e unha vez máis ,
Reis Magos e Papá Noel no Nadal.

                               Rebeca Pereira  5º B

Refrán: Inverno





























         " Inverno chuvioso, verán abondoso "

Día da paz no colexio

O pasado xoves 30 de xaneiro foi o día da paz. Para celebralo, o venres 31  fomos á Área Panorámica con latas decoradas  e cantando polo camino a canción "Latas pola paz". Alí nos ensinaron unha exposición de murais feitos por todos nós e logo unha obra de teatro. A exposición  non foi moi grande pero era preciosa. Algunhas tiñan mensaxes, outras estaban feitas con algodón...
Ao rematar a exposición leváronnos ao teatro e vimos unha obra de teatro que trataba sobre un neno chamado Martín ao que non lle gustaba traballar. Pero, un día encontrou un lápiz máxico que lle axudou a estudar e así cambiou o mundo; nunca máis houbo guerras nin protestas.
A verdade: pasámolo xenial!!!





Concurso do cómic

Como xa sabedes, este ano estamos traballando co cómic.  Para comprobar que todos, ou case todos os nenos coñecen personaxes do mundo do cómic, os profesores organizaron un concurso arredor disto. Este concurso comezou uns días antes do Nadal e consiste en adiviñar unhas siluetas de personaxes como Tintín, Lucky Luke, Mortadelo e Filemón...
O martes 28 de xaneiro entregouse o premio ao gañador que foi Alejandro de
6º B que recibiu un lote de oito cómics para diferentes idades.
Menuda sorte!!! Parabéns.

6 de febreiro de 2014

Acertixo: Letras.




   Que letras do alfabeto poden completar a serie?

                                     
       A-T-H-I-M-

 
Design by Free WordPress Themes | Bloggerized by Lasantha - Premium Blogger Themes | Premium Wordpress Themes