27 de marzo de 2012

CreArte

free your mind
Libera a túa mente e deíxate levar pola imaxinación. CreArte é o espazo onde aparecerán eses "obras" realizadas polos nosos alumnos que, de seguro, algún día serán uns auténticos artistas.

25 de marzo de 2012

Identidade Descoñecida...Quen é esta persoa?

Quen credes que pode ser a persoa desta foto? Coidado! pois cando se é pequeno hai nenos que parecen que son nenas e viceversa...
 A ver que acerta nesta ocasión.
 Moita sorte!

22 de marzo de 2012

E Ti, Quén Vés Sendo?

quen vés sendo
A intención desta categoría é xogar con fotos dos mestres e mestras do colexio cando eran pequenos. O alumnado do centro terá que suxerir de que persoa se trata. Sempre será unha persoa que forme parte do claustro dese curso académico.
Moita sorte a todos!

17 de marzo de 2012

AS MAZÁS E AS MOZAS


Sobre unha mesa había un cesto con seis mazás e seis mozas na habitación. Cada moza colleu unha mazá e, sen embargo,quedou unha no cesto. Como é posible isto?

12 de marzo de 2012

Proxectándonos

projection-tv-front-projection
Neste espazo terán cabida todos aqueles traballos realizados polos alumnos de Educación Infantil do centro.

 
Design by Free WordPress Themes | Bloggerized by Lasantha - Premium Blogger Themes | Premium Wordpress Themes