26 de novembro de 2012

Samaín 2012

O día 31 de outubro deste ano celebrouse o Samaín no CEIP Nº2 de Tui. Os nen@s de 6 A, 6B e 6C gravaron un vídeo terrorífico que  foi publicado na  páxina web do colexio.
Tamén houbo un concurso de cabazas na que participaron 200 nenos!
Os ganadores por ciclos  foron:
Ed. Infantil: Diego
Primeiro ciclo: Julica(2º)
Segundo ciclo: Rebeka (4º)
Terceiro ciclo:Dani(5º)
Nos recreos desa semana proxectouse a película "A maldición do Samaín".
A maoires tamen se fixeron dúas actividades:
1- Cubrir un folio no que había que falar sobre os medos de cadaquén.
2- Os rapaces e rapazas do segundo ciclo fixeron un libro dedicado aos monstros.
Esa semana o alumnado  do  CEIP Nº2 pasouno xenial!


Poesía sobre Tui


Na beira do río Miño,
na fronteira con Portugal,
hai unha vila fermosa
cunha gran catedral.
A vila chámase Tui,
no seu tempo provincia
dun antigo reino,
o vello reino de Galicia

Nesta antigua cidade
non te canses de estar
pois ten lugares fermosos
que has de visitar.

O monte Aloia e o Miño,
a ponte Internacional,
o casco vello e igrexas
e tamén a catedral.

(Cibrán Álvarez Castaño 6ºA)



15 de novembro de 2012

Coñecendo a...Mercedes


Fai pouco tempo a profesora Mercedes xubilouse.Fixémoslle  unha gran festa de despedida e tamén unha entrevista pra coñecela un pouco mais.
Aquí a tedes.

 
Design by Free WordPress Themes | Bloggerized by Lasantha - Premium Blogger Themes | Premium Wordpress Themes