11 de febreiro de 2014

Día da paz no colexio

O pasado xoves 30 de xaneiro foi o día da paz. Para celebralo, o venres 31  fomos á Área Panorámica con latas decoradas  e cantando polo camino a canción "Latas pola paz". Alí nos ensinaron unha exposición de murais feitos por todos nós e logo unha obra de teatro. A exposición  non foi moi grande pero era preciosa. Algunhas tiñan mensaxes, outras estaban feitas con algodón...
Ao rematar a exposición leváronnos ao teatro e vimos unha obra de teatro que trataba sobre un neno chamado Martín ao que non lle gustaba traballar. Pero, un día encontrou un lápiz máxico que lle axudou a estudar e así cambiou o mundo; nunca máis houbo guerras nin protestas.
A verdade: pasámolo xenial!!!





0 comentarios:

Publicar un comentario

 
Design by Free WordPress Themes | Bloggerized by Lasantha - Premium Blogger Themes | Premium Wordpress Themes