8 de abril de 2014

Melendi: "Tu Jardín con Enanitos"

Tu jardín con enanitos é a miña canción favorita de Melendi; a ver se vos gusta:


3 de abril de 2014

Refrán


   
     "Ceo empedrado antes de vintecatro horas, chan mollado"

Papaoutai

«Papaoutai» é una canción composta e interpretada polo cantante Stromae. Esta é unha canción cantada en francés. Agora vola presento:

.

Stromae fai música electrónica e hip-hop. Saltou a fama internacional coa canción Alors on danse .
   



Acertixo:Trens


Un tren eléctrico viaxa cara o norte a unha velocidade de 100 km por hora e o vento sopra a unha velocidade de 25 km por hora. En que dirección vai o fume e a que velocidade?

Acertixo:28 días.




Cantos meses do ano teñen 28 días?






Acertixo: Gatos e Ratos



       Cantos ratos pode comerse un gato en xaxún?

1 de abril de 2014

Quen vén sendo?


Quen creedes que  é esta persoa  que aparece na imaxen? Anímovos a poñer comentarios que é moi fácil!!!

Oscar "O Invidente"


A semana pasada viu Óscar, que é unha persoa invidente. Na súa visita ao colexio contounos como vive un cego. Estivo acompañado dun can que lle axuda para case todo. Está moi ben adestrado para saber onde dirixir ao seu dono. É un can precioso pero, mentres estaba traballando, non se lle podía facer nada.  Tamén nos explicou a linguaxe Braile, que é a linguaxe dos cegos, sobre como escribe, como come, como chama por teléfono e como sabe a hora. Fíxoo moi ben e é unha persoa moi agradable e simpática.

27 de marzo de 2014

Refrán: Marzo


"Marzo ventoso e abril caluroso, traen a maio florido e fermoso"

22 de marzo de 2014

What does the fox say?

What does the fox say? É unha canción do grupo Ylvis que está formado por Bård Ylvisåker, Vegard Ylvisåker, Christian Løchstøer, Tor Erik Hermansen, Mikkel S. Eriksen e  Nicholas Boundy. A ver se vos gusta é moi pegadiza!

14 de marzo de 2014

Acertixo: Botellas




                                      Onde leva tilde botella?

Coñecendo a... Mari Carmen Morla



Foi mestra dalgún de nós en cursos anteriores e agora temos a oportunidade de saber un pouquiño máis dela. 
Dádelle ao "play" que esta semana estivo chea de entrevistas!!!!

Malú.

                                                      

Malú é unha cantante de moito exito. Naceu o 15 de marzo de 1982. Comezou a súa carreira con 15 anos. Participou como coach na Voz, resultando gañador o seu equipo na 2ª edición deste show televisivo. Ten 14 álbumes. 
Aquí vos deixo algúns dos seus temas:


Blanco y negro                  

                                         
                                                           Ahora tú
                                         

                                     
                                                         

                                   No voy a cambiar

                                         


                                                      

                                    
                                                      



                                                          
              


                                                 






















Acertixo: Cores?




Un cabalo branco entra no mar Negro,    

Como saíu?


Coñecendo a Bea...


Temos nesta ocasión á nosa mestra de Educación Física Bea que levabamos un tempo tentando entrevistar pero como sempre anda atarefada na hora que temos Revista, non puidemos facelo ata agora. Pero aquí está, respondendo ás nosas inquedanzas sobre a súa vida :)

Refrán: O Raposo


 

"Mal lle vai ao raposo cando anda aos ovos"

Acertixo: Focas





 Por qué as focas miran cara a luz?
    


                        

Coñecendo a... Lorena Pérez

Para cumplir o desexo de Telmo Portela Otero, esta semana entrevistamos á titora de 2º B Lorena Pérez Da Silva. Faloumos con bastante detalle de todos os seus gustos e curiosidades persoais. Esperemos que vos guste!

Entroido na Revista.


O venres 28 de Febreiro todo o noso colexio celebrou o carnaval. Tódolos cursos foron disfrazados,quedando distribuídos da seguinte maneira:

Infantil: Pitufos, Lulú e Tintín.
1º- Zipi e Zape.
2º- Superman.
3º- Mortadelo e Filemón.
4º- Superheroes e outros.
5º- Increíbles.
6º- Batman.

Pasámolo  xenial!!! 
Nós, os da revista, aproveitamos para facernos unha foto todos xuntos; saíu moi ben.

13 de marzo de 2014

Acertixo: O 1º é ...



       

Cal é o animal que gaña todas as carreiras??

 
Design by Free WordPress Themes | Bloggerized by Lasantha - Premium Blogger Themes | Premium Wordpress Themes