21 de xaneiro de 2014

Excursión a Vigo

O xoves 9 de Xaneiro fomos a "Days of the Dinosaur", unha exposición sobre dinosaurios no IFEVI (Vigo) e o pasámolo xenial!
Primeiro collimos o autobús e chegamos ao aeroporto, onde vimos unha exposición sobre o mal que o pasan os nenos e adultos de países pobres. 
Encontrámonos  á TVG entrevistando a David Cal o deportista con máis medallas olímpicas de toda España. (Aquí vos deixamos a proba)




Merendamos e subímonos de novo ao autobús para ir ao IFEVI.

Ao chegar explicáronnos as normas e nos diriximos a entrada da exposición.


















Primeiro, explicáronnos como se formou a Terra, como se formaron os continentes, e as primeiras vidas na Terra.
Despois fóronnos ensinando as figuras robóticas que movían a cola , facían ruídos e de máis, os monitores nos decían os seus nomes, se eran carnívoros, hervívoros, onde vivían...
Ao acabar fomos á tenda de "souvenirs" e os que leveban diñeiro poderían comprar unha figura de dinosaurios,
unha camiseta ou uns zapatos. 
Finalmente, recolleunos o autobús e voltamos ao colexio. Pasámolo xenial!!!











Acertixo: Meses.




                    Cal é o mes máis curto?

Coñecendo a...Fátima (Infantil)




Como sabemos que está esperando "un/unha nen@", facíanos moita ilusión saber un pouco máis desta mestra antes de que nos puidese deixar por baixa "maternal". Aquí temos a entrevista. Moitas grazas polo teu tempo Fátima e... moita sorte nos vindeiros meses!








Facendo Deporte con... Alba Pascual e Yaiza Gayoso





Ola, somos Alba Pascual e Yaiza Gayoso de 5º.  practicamos piscina desde moi pequenas, en Portugal. Aquí aprendemos tódolos estilos: braza, crol, bolboreta, e costas cos mellores entrenadores: Juanjo  e Leticia. O mellor é que facemos moitas competicións en distintos lugares.
A que máis nos gusta é a de Nadal porque despois dela poñen colchonetas e nos regalan unha camiseta moi chula. Queremos que os animedes a facer este deporte!!!!!




Refrán: Estacións do Ano

 





















 No inverno non hai mal can, nin mala pólvora no verán.

19 de xaneiro de 2014

Nº 2 e o cómic

Este ano estamos a traballar o cómic no noso colexio. A nosa compañeira Elena de 3º C fixo unha caricatura destas dúas personaxes ben coñecidas por todos: Mortadelo e Filemón.
Esperemos que vos guste.


Lazy Song



Lazy song é unha canción de Bruno Mars que significa "canción perezosa".
Gústanos moito porque a parte de que é divertida é unha canción que podes escoitar sempre: Cando estás triste, anímate; cando estás alegre, alégrache aínda máis...
Recomendamos esta canción para aos que pola mañá non se queren levantar da cama.


                                                                          

16 de xaneiro de 2014

Coñecendo a...María Xosé (Xefa de Estudos)

Esta semana os alumnos e alumnos de 4º A tiveron o pracer de entrevistar á súa titora. Estaban moi nerviosos porque lle facía moita ilusión e non querían "meter a zoca"...e pensamos que non o fixeron.
Aquí tedes o resultado do interrogatorio ao que foi sometido a nosa "Xefa de Estudos"




Facendo deporte con...Lucía Portela Otero

Son Lucía Portela Otero, teño 10 anos e empecei a correr desde moi  pequena. Con cinco anos corría co Club Atletismo Porriño e aos oito anos mudeime ao Club Atletismo Tui. Aproveitanto  o nacemento do novo Club e os adestramento en Tui, no campo da Macoca. Nos adestramentoa pásoo moi ben, xa que non soamente adestramos senón que tamén xogamos e teño moitas amigas.
O atletismo é un bo deporte para manterse en forma e facer amigos así que animádevos a 
coñecelo xa que e unha experiencia moi divertida. 

Ainda que ao principio coste un pouco, pronto se colle a forma e despois disfrutas nos adestramentos e nas carreiras.




Acertixo: ???


Unha señorita moi señoritada que sempre vai en coche e sempre esta mollada.




15 de xaneiro de 2014

Acertixo: Canto vale?


2 vale 4, 3 vale 4, 4 vale 5, 6 vale 4...entón,
Canto vale 5 ? 
     

13 de xaneiro de 2014

``What does the fox say?´´

 ``What does the fox say?´´É unha canción de Ylvis 2 mozos de Noruega que tamén se dican a comedia.Os dous son irmáns Vengard e Bard Ylvisaker.
    

9 de xaneiro de 2014

Acertixo: Temos un Intruso

Siente el poder
Cal é a palabra intrusa?

           AUGA

           FOGO
           TERRA
           AIRE


7 de xaneiro de 2014

Refrán: Paxaros


"Estorniños e pardais todos queren ser iguais"




20 de decembro de 2013

Acertixo: O seguinte !!!!!

Felices Festas !!!!


19 de decembro de 2013

Acertixo: Cuestión de Peso

Coñecendo a...Kyle

Este ano temos novo auxiliar de conversa. Chámase Kyle Swartz e vén de Columbus, Ohio, nos Estados Unidos. Para saber unpouco máis del preparamos unhas preguntas en inglés pois díxonos que só entendía unhas poucas palabras en galego. Estabamos moi curiosos por coñecer máis cousas sobre a súa vida e, se queredes investigar, aquí tedes o resultado:
Lembrade, non ten subtítulos!



 

CANTOS CADRADOS VES NO DEBUXO?

            

17 de decembro de 2013

Facendo Deporte con...Javier Ripplinger

Hola, son Javier Ripplinger de 6º e encántame o piragüismo! É o meu deporte favorito, sobre todo polas regatas! Ás veces no verán vamos a unha praia na fronteira de Portugal e pasámolo xenial. Facemos carreiras, loitas entre os distintos barcos... Tamén vamos a regatas de diferentes lugares de Galicia e, os maiores, ata van a Francia! O malo vén no inverno porque fai frío, pero aínda así, se te animas a facelo, pasaralo moi ben. E non vos preocupedes se chove porque iredes ao ximnasio ou faredes xogos dentro.
Ao final se sobra tempo xogamos ao fútbol ou balonmán no campo do bar que hai xusto ao lado.
Animádevos a vir porque é moi divertido!

O cómic no Nº 2

Este ano o colexio Nº2 de Tui escolleu como tema do ano o cómic. Aquí temos unha pequena mostra dos máis pequenos (1ºA) É bo familiarizarse xa desde pequenos neste xénero. Parabéns polo esforzo que require.








Coñecendo a...Javi

Hoxe tivemos a sorte de entrevistar ao titor de 1ºA :Javi. Estivémolo sometendo a unha serie de preguntas das que se soubo defender moi ben... Escoitádeo!!!!!




10 de decembro de 2013

John Newman

Ola, eu son Javier Ripplinger e gustaríame falarvos de John Newman. Naceu o 16 de xunio de 1990 e é un cantante e músico británico. Newman criouse en Seattle na zona de Yorkshire Dales. Empezou a tocar a guitarra e escribir as suas propias cancións á idade de 14 anos e despois aprendeu a gravar e producir por sí mesmo. Aos 20 anos  mudouse a Londres, comenzou a tocar nunha banda e  posicionouse nos primeiros postos das listas de Europa e Oceanía, chegando a ser número 1 en Escocia e Grecia. Unha das súas cancións  son "Love me again", "Feel the Love" e "Not Givin in". Na actualidade ten 23 anos.
Gústame este cantante polo tipo de música que toca, que é pop e os seus vídeos.


Aquí tedes dúas das súas cancións:







3 de decembro de 2013

Xa chega o Nadal





                       " Por Noiteboa e no Nadal as brasas da casa máis quentes están"

28 de novembro de 2013

Degustación no magosto

                                                                                                                                 
No outono os profesores organizaron un festival de degustación e pediron a todos os nenos e nenas do colexio que trouxeran postres caseiros feitos con produtos típicos do outono: castañas, noces, avelás etc. Xuntáronse un montón de postres, desde tartas de mazá ata pasteis de cabaza. Era como un bufet libre, podías coller do que quixeras pero tiñamos un tempo para comelo. Ao final o que sobrou (case nada) foi para os pais. Puxémonos as botas!!!

21 de novembro de 2013

Acertixo: Cantos osos ves na foto?


19 de novembro de 2013

Michael Jackson

Ola, bos dias:
Somos Ana e Celina e eleximos a Michael Jackson como o noso cantante favorito porque nos parece un bo cantante e por seren un magnífico bailarín.
Michael Jackson naceu  nunha cidade chamada  Gary (Indiana) e morreu en Los Ángeles (California)
.
Foi  un cantante, compositor e bailarín estadounidense de música pop e súas variantes.
Unhas das cancións que máis nos gustan  son : Black or White  e  Beat It.  Esperamos que vos guste.
   
Black or White
















Beat It






                                         
                                             


12 de novembro de 2013

Melendi

Ola, somos Ainhoa e Uxía de sexto de primaira. Gústanos o cantante chamado Melendi porque as súas cancions son moi interesantes.
Ramón Melendi Espina(Oviedo,Asturias, 21 de xaneiro 1979), coñecido artísticamente como Melendi, é un artista e compositor español.
Esta é a súa discografía:
"Sin noticias de Holanda" (2.003), "Sin noticias de Holanda" (Edición completa)(2.003), "Que el cielo espere sentao" (2.005), "Mientras no cueste trabajo" (2.006), "Curiosa la cara de tu padre" (2.008), "Volvamos a empezar" (2.010), "Lágrimas desordenadas" (2.012), "Incompleto" (2.014)
Seleccionamos estes dous vídeos para que vexades de quen estamos a falar.
A ver se vos gusta.

 Videos de Melendi:

 














 


Orquesta Panorama

Ola somos Xabier e Lucía imos falar dunha orquesta galega. Chámase Orquesta Panoranoma e gústonos moito porque fan un grande espectáculo e a súa posta en escena é realmente espectacular.

http://www.diariodearousa.com/media/diariodearousa/images/2013/07/11/2013071123255785334.jpg

Aquí vos deixamos unha mostra do que queremos dicir. Esperemos que vos guste.

































   

7 de novembro de 2013

One Direction

Ola! Somos Víctor González e Yaiza Gayoso e imos falar dun grupo de 5 mozos chamado One Direction.
Os 5 integrantes chámanse:Harry Styles, Louis Tolmlinson, Zayn Malik, Niall Horan e Liam Payne.Teñen de 19 a 21 anos. Gústannos porque teñen un gran sentido do humor. Algúns dos seus temas que se poden encontrar nos seus 12 álbumes son estes:


 What makes you beatutiful

















Best Song Ever





Live while we`re young

 

5 de novembro de 2013

Acertixo: Matemática Elemental



Que número falta na derradeira porción da pizza?





Taylor Swift

Ola! chámome Alba Pascual e vou a contarvos como é Taylor Swift.
Naceu o 13 de decembro de 1989 e ten 24 anos.Ten un irmán chamado Austin Swift e os seus pais son Scott Kingsley e Andrea Finlay.
Os estilos de música que canta son pop, teen pop, country e country pop. Toca o ukelele, a guitarra, o piano, o banjo e canta. Ela é cantautora, compositora e actriz.
Algún dos seus discos son: Red e Speak Now.
Gústame porque ten unha voz marabillosa. Encántame como canta!



We are Never Ever Getting Back Together



Red


 
Design by Free WordPress Themes | Bloggerized by Lasantha - Premium Blogger Themes | Premium Wordpress Themes