No outono os profesores organizaron un festival de degustación e pediron a todos os nenos e nenas do colexio que trouxeran postres caseiros feitos con produtos típicos do outono: castañas, noces, avelás etc. Xuntáronse un montón de postres, desde tartas de mazá ata pasteis de cabaza. Era como un bufet libre, podías coller do que quixeras pero tiñamos un tempo para comelo. Ao final o que sobrou (case nada) foi para os pais. Puxémonos as botas!!!
Ola, bos dias: Somos Ana e Celina e eleximos a Michael Jackson como o noso cantante favorito porque nos parece un bo cantante e por seren un magnífico bailarín. Michael Jackson naceu nunha cidade chamada Gary (Indiana) e morreu en Los Ángeles (California) . Foi uncantante, compositor e bailarínestadounidense de música pop e súas variantes. Unhas das cancións que máis nos gustan son : Black or White e Beat It. Esperamos que vos guste. Black or White
Ola, somos Ainhoa e Uxía de sexto de primaira. Gústanos o cantante chamado Melendi porque as súas cancions son moi interesantes. Ramón Melendi Espina(Oviedo,Asturias, 21 de xaneiro 1979), coñecido artísticamente como Melendi, é un artista e compositor español. Esta é a súa discografía: "Sin noticias de Holanda" (2.003), "Sin noticias de Holanda" (Edición completa)(2.003), "Que el cielo espere sentao" (2.005), "Mientras no cueste trabajo" (2.006), "Curiosa la cara de tu padre" (2.008), "Volvamos a empezar" (2.010), "Lágrimas desordenadas" (2.012), "Incompleto" (2.014) Seleccionamos estes dous vídeos para que vexades de quen estamos a falar. A ver se vos gusta.
Ola somos Xabier e Lucía imos falar dunha orquesta galega. Chámase Orquesta Panoranoma e gústonos moito porque fan un grande espectáculo e a súa posta en escena é realmente espectacular.
Aquí vos deixamos unha mostra do que queremos dicir. Esperemos que vos guste.
Ola! Somos Víctor González e Yaiza Gayoso e imos falar dun grupo de 5 mozos chamado One Direction.
Os 5 integrantes chámanse:Harry Styles, Louis Tolmlinson, Zayn Malik, Niall Horan e Liam Payne.Teñen de 19 a 21 anos. Gústannos porque teñen un gran sentido do humor. Algúns dos seus temas que se poden encontrar nos seus 12 álbumes son estes:
Ola! chámome Alba Pascual e vou a contarvos como é Taylor Swift. Naceu o 13 de decembro de 1989 e ten 24 anos.Ten un irmán chamado Austin Swift e os seus pais son Scott Kingsley e Andrea Finlay. Os estilos de música que canta son pop, teen pop, country e country pop. Toca o ukelele, a guitarra, o piano, o banjo e canta. Ela é cantautora, compositora e actriz. Algún dos seus discos son: Red e Speak Now. Gústame porque ten unha voz marabillosa. Encántame como canta!