25 de febreiro de 2013

Homenaxe a Rosalía de Castro

O CEIP Nº2 de Tui homenaxeou á escritora galega Rosalía de Castro (nada o 24 de Febreiro 1837) no ano onde se cumpre  o 150 aniversario da publicación da obra Cantares Gallegos.  O mestre de música Mateo, xunto a varios alumnos do colexio, interpretaron unha peza musical onde tocaron o bombo, pandeiretas, tambores e gaita. ...

14 de febreiro de 2013

Entroido no CEIP Nº 2

O venres 8-02-13 celebrouse o entroido no CEIP Nº2. Ás 10:45 todos os cursos saimos por Tui para ensinar os disfraces,cada curso levaba un disfraz representando ás diferentes comunidades autónomas: E.Infantil- A 1º-Galicia 2º-País Vasco  3º-Valencia 4º-Illas Canarias  5º-Navarra  6º-Madrid  Tamén fixemos "cuchipanda" con doces típicos do Entroido. ¡Pasámolo xenial! ...

10 de febreiro de 2013

O Tren que Me Leva pola Beira do Río

O pasado xoves 24 de xaneiro todos os nenos/as do CEIP Nº2 de Tui recibiron  aos profesores de Madrid, Toledo e Huelva facendo unha coreografía polos corredores ao son do Tren de Andrés do Barro. Despois os profesores foron ás clases de sexto para coñecer ao alumnado...

4 de febreiro de 2013

Quen son ?

   Todos pasan por min,eu nunca paso por  ninguén. Todos preguntan por min,eu nunca  pregunto por ninguén.....

Obra na Área Panorámica

O martes 30 de xaneiro os nenos e nenas do CEIP N2 de Tui foron á área panorámica a ver a obra de teatro dos Migallas na que cantan cancións moi divertidas. Despois da actuación os alumnos recibiron os premios do concurso de debuxo anual.Este ano trataba  sobre os animais e os seus coidados....

3 de febreiro de 2013

Coñecendo a...Pili

Esta semana pasada entrevistamos á nosa profe de inglés Pili. Esperamos que vos guste o que ela nos conta sobre a súa vida...

 
Design by Free WordPress Themes | Bloggerized by Lasantha - Premium Blogger Themes | Premium Wordpress Themes