Son Lucía Portela Otero, teño 10 anos e empecei a correr desde moi pequena. Con cinco anos corría co Club Atletismo Porriño e aos oito anos mudeime ao Club Atletismo Tui. Aproveitanto o nacemento do novo Club e os adestramento en Tui, no campo da Macoca. Nos adestramentoa pásoo moi ben, xa que non soamente adestramos senón que tamén xogamos e teño moitas amigas.
O atletismo é un bo deporte para manterse en forma e facer amigos así que animádevos a coñecelo xa que e unha experiencia moi divertida.
Ainda que ao principio coste un pouco, pronto se colle a forma e despois disfrutas nos adestramentos e nas carreiras.
16 de xaneiro de 2014
Facendo deporte con...Lucía Portela Otero
16.1.14
No comments
0 comentarios:
Publicar un comentario