O pasado xoves día 10 de maio, os alumnos de 6ºA, coa súa cooperativa "CARRO CHIMICHANGA", estiveron vendendo na praza da Inmaculada na Corredoira. Tamén estivo ali a TVE facendo unha reportaxe en directo para o programa "LAS MAÑANAS DE LA 1". Pola súa parte, a TVG tamén gravou unha reportaxe para o seu programa "A SOLAINA". Pola tarde, unhas rapazas de 6ºA foron ao programa de televisión no que lle fixeron unha entrevista. Este proxecto chamado EME COOPERANOVA é moi interesante e divertido xa que os rapaces e rapazas aprenden a ser grandes emprendedores.
0 comentarios:
Publicar un comentario