Hola, son Javier Ripplinger de 6º e encántame o piragüismo! É o meu deporte favorito, sobre todo polas regatas! Ás veces no verán vamos a unha praia na fronteira de Portugal e pasámolo xenial. Facemos carreiras, loitas entre os distintos barcos... Tamén vamos a regatas de diferentes lugares de Galicia e, os maiores, ata van a Francia! O malo vén no inverno porque fai frío, pero aínda así, se te animas a facelo, pasaralo moi ben. E non vos preocupedes se chove porque iredes ao ximnasio ou faredes xogos dentro.
Ao final se sobra tempo xogamos ao fútbol ou balonmán no campo do bar que hai xusto ao lado.
Animádevos a vir porque é moi divertido!
17 de decembro de 2013
Facendo Deporte con...Javier Ripplinger
17.12.13
No comments
0 comentarios:
Publicar un comentario