20 de maio de 2012

Artistas no Cole

Como sabedes, hai un tempo, fixemos un debuxiño dunha xoia para o III Certame:
 "Deseña unha xoia para a túa nai"
convocado polo Colexio Oficial de Xoiaría. Desde este certame anúnciasenos que, deste colexio, había dúas finalistas: Sara Paloma Saavedra Blanco de 5º e Aldara Rodríguez Orozco de 6º. Convocáronnos para a entrega de premios o día 27 de Abril ás 18h no Auditorio de Centro galego de Arte Contemporánea para recoller os diplomas. Ao chegar alí encontrámonos co Presidente da Xunta de Galicia e varias persoas importantes máis. Non gañaron ningunha das nosas candidatas pero, de 7000 nenos, 80 foron finalistas e destes, só 12 gañadores, o que é un grande mérito ter chegado xa á final. Fixose a entrega de premios aos gañadores: nada máis e nada menos que unha xoia feita por auténticos xoieiros galegos! Tódolos participamos recibimos un agasallo para agradecer o esforzo realizado e só esperamos que o próximo ano haxa este certame de novo e que participemos o máximo número de alumnos e alumnas posible, así que, ánimo e moita sorte!!!!

0 comentarios:

Publicar un comentario

 
Design by Free WordPress Themes | Bloggerized by Lasantha - Premium Blogger Themes | Premium Wordpress Themes