O xoves 9 de Xaneiro fomos a "Days of the Dinosaur", unha exposición sobre dinosaurios no IFEVI (Vigo) e o pasámolo xenial!
Primeiro collimos o autobús e chegamos ao aeroporto, onde vimos unha exposición sobre o mal que o pasan os nenos e adultos de países pobres.
Encontrámonos á TVG entrevistando a David Cal o deportista con máis medallas olímpicas de toda España. (Aquí vos deixamos a proba)
Merendamos e subímonos de novo ao autobús para ir ao IFEVI.
Ao chegar explicáronnos as normas e nos diriximos a entrada da exposición.
Primeiro, explicáronnos como se formou a Terra, como se formaron os continentes, e as primeiras vidas na Terra.
Despois fóronnos ensinando as figuras robóticas que movían a cola , facían ruídos e de máis, os monitores nos decían os seus nomes, se eran carnívoros, hervívoros, onde vivían...
Ao acabar fomos á tenda de "souvenirs" e os que leveban diñeiro poderían comprar unha figura de dinosaurios,
unha camiseta ou uns zapatos.
Finalmente, recolleunos o autobús e voltamos ao colexio. Pasámolo xenial!!!
0 comentarios:
Publicar un comentario